venres, 21 de xuño de 2013

mércores, 19 de xuño de 2013

A historia de Doro

Xa queda menos!!!
Hoxe imos mostrarvos o noso traballo para a revista escolar. Como estivemos todo o curso practicando a creación de historias, decidimos imaxinar a historia de como Doro (a mascota da nosa biblioteca) puido chegar ata o noso cole.
O proceso foi o seguinte:
Primeiro, entre todos, fixemos unha tormenta de ideas para crear un contexto de tempo e de lugar. Despois diso, dispuxémonos a desenvolver a idea principal, para crear un nudo argumental interesante. E, finalmente, inventámonos un desenlace, que rematara con Doro chegando á biblioteca de Urdilde.
Unha vez tiñamos a historia, fixemos un guión para adaptalo ó cómic. Como? Pois dividindo a historia en escenas ou viñetas, semellante a un storyboard coma os que se utilizan nas películas.
Repartímonos as dez viñetas entre os dez alumnos/as, e realizamos os debuxos. A partir de ahí foi cousa do profe engadirlle o fondo e os bocadillos dos diálogos.
O resultado, aquí o tendes, esperamos que vos guste:

venres, 14 de xuño de 2013

Xogos varios

Para pasar a fin de semana, deixamos unhas recopilacións de xogos matemáticos. A aprender moito!

ç


martes, 11 de xuño de 2013

Creando historias

Hoxe tivemos unha sesión de contacontod feita por nós mesmos. 
En primeiro lugar, repasamos todo o que levamos visto durante o curso sobre como contar unha historia (descripción dos personaxes e dos lugares, a estructura de presentación-nudo-desenlace...)
A continuación, como moitas veces ó longo do curso, a profe de PT, Amanda puxo o seu gran de area lembrándonos diferentes formas para ir fiando unha historia. 
Como colofón final, cada un de nós tivo que inventar espontáneamente unha historia, non nos libramos nin os profes :)
O resultado? Intrigas, romance, pelexas...pero sempre cun final feliz.

venres, 7 de xuño de 2013

A prehistoria en Galicia

Hoxe a cousa vai de prehistoria.
Como estamos vendo o tema do paso do tempo, imos realizar unhas actividades referentes aos monumentos megalíticos que temos en Galiza.
Que o disfrutedes, e aprendede moito!

mércores, 5 de xuño de 2013

Augas que veñen e van

Volvemos a colgar un vídeo do grandísimo Paco Nogueiras, que semella que o fixo para nós, xa que vén a conto por varios motivos.
Por un lado, hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, e dentro duns días será o Día Mundial dos Océanos. Tamén nos serve para preparar a excursión do vindeiro día 18, na parte correspondente ó Aquarium.
E, que caramba, encántanos escoitar música na clase.